Noticias

A provincia acolle este mes de novembro 38 novas accións formativas do programa "SmartPeme"

O programa de asesoramento no ámbito das TIC da Deputación de Pontevedra está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes


06 novembro 2018
SmartPeme

As oficinas do programa "SmartPeme" da Deputación de Pontevedra na provincia acollen este mes de novembro 38 accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. As oficinas de Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán en conxunto 21 cursos; o Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra outras sete; o Centro ExpoSalnés de Cambados tamén sete; e o viveiro de empresas Lalín 2000 tres máis.

Deste xeito, "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man das propias implicadas e implicados e coa colaboración das asociacións de empresarias e empresarios e de mozas e mozos autónomos. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.

Estas son as quendas por oficinas:

VIGO

As quendas para o mes de novembro na oficina de Vigo comezaron este martes con "Mellora a túa presenza online promocionando o teu blog". A seguinte acción será "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing", o xoves 8. O curso "Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics" chegará a Vigo o martes 13 ás 18 h. O xoves desa mesma semana, ás 19 h, impartirase "Como utilizar Instagram para promover a túa empresa". O martes 20 de novembro, ás 17 h, será a quenda de "Facebook para promocionar o teu negocio turístico". O xoves 22, ás 19 h, celebrarase a acción "Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal". E, para rematar, "Vende os teus produtos en Facebook e Instagram" terá lugar o martes 27 de novembro, tamén ás 19 h. A oficina "SmartPeme" de Vigo, na sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, nº 3.

PONTEVEDRA

As quendas son as seguintes:"Facebook para promocionar o teu negocio turístico". O xoves, 8 de novembro ás 18 h, será a quenda de "Crea e explota un CRM para a túa empresa desde cero". O curso "Consideracións á hora de crear o teu modelo de negocio" impartirase o xoves 15. O martes 20, á mesma hora, terá lugar "Vende os teus produtos en Facebook en Instagram". Esa mesma semana, o xoves 22 tamén á mesma hora, vaise impartir o obradoiro "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing". O curso "Aprende a usar correctamente Facebook para empresas" chega o martes 27 de novembro, tamén ás 19 h. Por último, o xoves 29, impartirase "Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal", á mesma hora. A oficina "SmartPeme" de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos.

PONTEAREAS

A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: "Aprende a usar correctamente Facebook para empresas", este martes ás 19 h. O xoves 8 de novembro, ás 19 h, terá lugar "Vende os teus produtos en Facebook e Instagram". O martes da seguinte semana, ás 17 h, esta vez na sede da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), impartirase "Linkedin: a túa rede de networking". A seguinte será "Mellora a túa páxina web e posiciónaa en buscadores", o martes 20 ás 18 h. A quenda de "Plan de marketing en liña para empresas turísticas" será o xoves 22 de novembro, ás 17 h. Por outra banda, o martes 27 ás 19 h, terá lugar o obradoiro "Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal". E, xa por último, o xoves 29 ás 19 h, "Consideracións á hora de crear o teu modelo de negocio" será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina "SmartPeme" de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.

PORRIÑO

A oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing". "Plan de marketing en liña para empresas turísticas" chegará o xoves, 8 de novembro, ás 17 h. O martes 13, ás 18 h, impartirase "Crea e explota un CRM para a túa empresa desde cero". A acción "Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal" terá lugar o xoves desa mesma semana, ás 19 h. O martes 20 de novembro, á mesma hora, será a quenda de "Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest". O martes 27, tamén ás 19 h, impartirase o curso "Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades". E, por último, o xoves 29 de novembro á mesma hora terá lugar "Aprende a usar correctamente Facebook para empresas". A oficina "SmartPeme" do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.

CAMBADOS

As quendas para o mes de novembro son as seguintes: "Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades". O xoves 8, ás 19 h, "Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing". Por outra banda, "Crea e explota un CRM para a túa empresa desde cero" terá lugar o martes 13, ás 18 h. O martes 20 de novembro, ás 19 h, levarase a cabo "Fotografía gastronómica: trucos para conseguir unhas fotografías deliciosas". Esa mesma semana, o xoves 22 á mesma hora, será a quenda de "Xestión da túa empresa: Facturación e ferramentas integradas". A semana seguinte, o martes 27 ás 17 h, chega "Estratexias de marketing para a túa empresa turística". Por último, "Aprende a usar correctamente Facebook para empresas" chegará o xoves 29, ás 19 h. A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.

LALÍN

A primeira cita do mes na oficina "SmartPeme" de Lalín ten lugar o xoves, 8 de novembro, ás 19 h co curso "Fotografía gastronómica: trucos para conseguir unhas fotografías deliciosas". Tras este primeiro obradoiro, o martes 13 de novembro ás 17 h, impartirase "Estratexias de marketing para a túa empresa turística". E, por último, o mércores 28 de novembro ás 19 h, esta vez no viveiro de empresas de A Estrada, celebrarase o curso "Unifica a xestión das túas redes con Hootsuite". A oficina "SmartPeme" de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.