Noticias

A veciñanza de Ponte Caldelas visita o Festival Internacional de Xardíns de Ponte de Lima


17 xuño 2019
Ponte Caldelas
Ponte de Lima

Un grupo de máis de 300 veciños de Ponte Caldelas visitou onte o Festival Internacional de Xardíns da localidade portuguesa de Ponte de Lima. A actividade, encadrada dentro do programa municipal de excursións Caldelas Viaxa, incluíu tamén parada en Vïana do Castelo, con visita á basílica de Santa Lucía e ao centro histórico.

A comida realizouse nun restaurante da localidade de Vila Verde, Cámara Municipal coa que Ponte Caldelas  está en trámites de establecer unha irmandade ao albergar unha freguesía denominada Barbudo, en coincidencia coa parroquia caldelá de Castro de Barbudo.