Dez concellos da provincia acollen actividades musicais, deportivas e na natureza a cargo da Deputación

A Guarda, Silleda, Redondela, Meaño, Nigrán, Pontevedra, Cerdedo-Cotobade , Vigo, Cuntis e os Castelos de Soutomaior e Sobroso, desfrutarán de accións de “Bosques Terapéuticos”, “Musigal”, “Música no Ar”, “Tras as Ameas” e “Depo Orienta

19/08/2022

Dende este venres 19 ata o vindeiro xoves 25 de agosto a Deputación de Pontevedra propón gran variedade de actividades para todos os públicos.  Música, deporte e natureza conforman a programación que a administración provincial levará a cabo ó longo da semana nestes concellos.

As actividades comezarán este venres 19 cunha ruta de Bosques Terapeúticos, que percorrerá a contorna da ponte colgante de Lérez, en Pontevedra, á vez que ofrece unha experiencia cultural, terapéutica e enriquecedora. A media mañá, o Castelo de Soutomaior, abre as portas os visitante que recibirán unha visita guiada polos xardíns e o castelo, a cargo de guías caracterizadas como María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Emilia Lluria. As persoas interesadas tamén poderán desfrutar desta actividade ó longo da vindeira semana. Xa á noite, ás 23:30 h, Silleda acollerá un concerto do grupo de percusión Odaiko & Lidia India e Latexo ao abeiro de Musigal.

O sábado 20 arrancará tamén cunha camiñada de Bosques terapéuticos”, que chegará nesta ocasión ao transcurso do río Almofrei, no concello de Cerdedo-Cotobade. Pola noite, tres concellos converteranse no escenario perfecto para os concertos de Musigal: Herdeiros da Crus actuará ás 00:30 h no Campo da feira de Redondela; Sés estará na Praza de Dena, en Meaño, ás 22:30 h; e ás 22:00 h, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán en Chandebrito, Nigrán.

Será o domingo 21 cando as rutas de Bosques terapéuticos” cheguen á parroquia viguesa de Bembrive, á senda do río Eifonso. Esa mesma mañá, celébrase a segunda ruta de Depo Orienta no concello de Cuntis que arrancará ás 10.30 h dende a Praza da Constitución.

Xa, unha vez comezada a semana, o martes 23, ás 18.00 h no Castelo de Sobroso poderse desfrutar dunha actividade de Tras as Ameas, Creando no Xardín. Un obradoiro de debuxo e acción baixo o nome de “A gráfica en movemento coo medio de creación”, dirixido por Alexandra R. Rey.

O mércores 24 de agosto, a partir das 20:30h, Ana Belén Rodríguez e Mila UT ofrecerán un concerto de música de cámara no exterior da Igrexa de A Guarda, no marco do programa Música no Ar”.

O xoves 25 ás 18:00 h, será o Castelo de Soutomaior o que acolla o obradoiro creativo “Sucos e Pegadas. A natureza como ferramenta para crear”, unha actividade de Tras as Ameas a cargo de María Gar.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 10 resultados.