Actualización do estado actual dos traballos na EP-0017 o Vao-Campañó tralo desprendemento de terras

A Deputación de Pontevedra iniciou onte mesmo pola mañá a tramitación de urxencia das obras de reparación do tramo afectado da EP-0017

18/01/2023

Actuación de emerxencia na EP-0017 O Vao Campañó

Desde o mediodía o persoal da empresa COVSA, que se encargará dos traballos, está traballando no terreo para sanear e limpar a zona. Con isto búscase poñer en orde o tramo afectado para que o persoal enxeñeiro estea en condicións de analizar a situación, ver a súa magnitude e poder así redactar un proxecto de obra.

Nestes momentos, e a falta de ter todos os detalles, a Deputación estima que non será unha obra pequena, senón que será unha obra de envergadura. De feito, a previsión é que probablemente abranguerá un tramo maior daquel onde se produciu o desprendemento. Unha das actuacións que probablemente formen parte do proxecto será a dotación dunha taxea de maior tamaño que a actual.

Unha vez o terreo estea estabilizado e asegurado, e o persoal enxeñeiro poida elaborar o proxecto, no momento no que se envíe a proposta de contratación estarase en disposición de poder establecer un prazo para as obras. A Deputación de Pontevedra está traballando arreo e considéraa unha actuación prioritaria, co obxectivo de poder abrir a vía á circulación no menor prazo posible, pero sempre e unicamente cando sexa posible con total seguridade.

Galerias de imaxes