A Deputación completa a adxudicación do plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais no que inviste 2,3 millóns

Coas achegas a Mos, xa aprobada, e a Tui  a próxima semana, o Goberno remata a adxudicación aos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes á que vai destinada

25/09/2022

Coa aprobación da achega de 80.864 euros para Mos este venres na Xunta de Goberno, e para Tui a próxima semana, a Deputación de Pontevedra completa a adxudicación do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais aos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes aos que está dirixido. A través deste Plan, que en conxunto supón un investimento de case 2,3 millóns de euros, a institución provincial cofinancia o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e o Persoal para os Servizos Sociais destes concellos para garantir na provincia uns Servizos Sociais profesionalizados e públicos para unha atención de calidade das persoas en situación ou risco de exclusión social. En concreto, Mos recibirá 35.760 euros para o SAF e os restantes 45.104 euros para a contratación de persoal, cunha persoa administrativa, un/unha titulado/a medio e un/unha titulado/a superior.

Os concellos co plan xa adxudicado xunto a Mos son: Arbo (13.222€); Agolada (50.633€);  Baiona (51.310€); Barro (31.591€); Bueu (51.786€); Caldas de Reis (50.907€); Cambados (47.163€); Campo Lameiro (27.328€); A Cañiza (55.846€); Catoira (21.337€); Cerdedo-Cotobade (52.265€); Covelo (36.387€); Crecente (29.889€);  Cuntis (47.535€); Dozón (34.360€); Forcarei (39.086€); Fornelos (18.889€); Gondomar (56.446€); A Guarda (59.866€); A Illa de Arousa (21.014€); A Lama (33.838€); Meaño (55.042€); Meis (31.224€); Moaña (80.959€); Mondariz (56.079€); Mondariz-Balneario (22.697€); Moraña (23.577€): As Neves (36.733 €); Nigrán (80.594€); O Grove (65.235€); O Rosal (33.861€); Oia (12.020€); Pazos de Borbén (24.094€); Poio (90.254€); Ponte Caldelas (52.946€); Pontecesures (27.681€); Portas (35.821€) Ribadumia (29.296€); Rodeiro (32.899€); Salceda de Caselas (60.088€); Salvaterra de Miño (52.925€); Sanxenxo (80.264€);  Silleda (60.847€); Soutomaior (30.494); Tomiño (59.042€); Valga (43.939€); Vila de Cruces (60.844€); Vilaboa (27.130); Vilanova (82.939€) .