A Deputación adxudica o programa “En Ruta coa Depo” con 20.000 prazas para coñecer a provincia

A iniciativa ofrece a posibilidade de pasar un día de convivencia en lugares emblemáticos do territorio nunha das 32 rutas propostas

29/05/2022

Máis de 75.000 persoas desfrutaron nestes últimos anos desde o 2016 dos itinerarios do programa provincial “En Ruta coa Depo”, que a Deputación volve poñer en marcha neste 2022 trala pandemia. Deste xeito, o Goberno vén de adxudicar por 445.900 euros a realización desta iniciativa que, como destacou a presidenta provincial Carmela Silva, ofrece á veciñanza da provincia a posibilidade de pasar un día de convivencia en lugares emblemáticos do territorio, a elixir entre un total de 32 rutas, co acompañamento dunha persoa guía de turismo e incluíndo xantar e transporte.

En total, este ano ofertaranse 20.000 prazas e as 32 rutas están divididas en itinerarios temáticos, culturais, marítimos, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais.

“Búscase  –sinalou a presidenta- crear espazos de unión, así como o acceso igualitario aos recursos turísticos e favorecer o envellecemento activo”. Do total de prazas, resérvanse 400 gratuítas para persoas con dificultades económicas ou risco de exclusión social que non podan facer fronte á parte non subvencionada do programa.

Ligazóns de interese

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.