A Deputación outorga unha subvención de máis de 100.000 euros do Plan Concellos para mellorar e ampliar a senda da Coviña, en Mondariz

Os fondos provinciais servirán para un trazado circular de preto de 3.225 metros de lonxitude acorde co modelo de mobilidade amable, sostible e segura da Deputación

13/09/2022

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha subvención de 103.240 do Plan Concellos 2022-2023 a Mondariz para a mellora e ampliación da senda da Coviña, na contorna do río Xabriña, que pasará a ter un trazado circular de preto de 3.225 metros de lonxitude. Con estas obras o concello de Mondariz súmase á aposta polo modelo de mobilidade amable, sostible e segura que promulga a institución provincial.

Máis polo miúdo, as actuacións consistirán en ampliar a senda actual partindo da rúa Pedreira -situada no propio núcleo de Mondariz- e enlazala coa senda xa existente mediante a construción dun novo tramo.

Tamén se realizarán melloras na actual senda pola marxe dereita do río Xabriña e daráselle continuidade polo parque de Escobeiro, na marxe esquerda do río. As actuacións servirán ademais para dotar á senda dunha pasarela metálica para cruzar o leito á súa marxe dereita, por onde seguirá a nova senda, permitindo así crear un trazado circular que volve ao núcleo de Mondariz.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.