A aposta da Deputación polos Rías Baixas Fest como plataforma turística da provincia faise evidente coa intensa presencia en PortAmérica

Carmela Silva asiste á sesión vermú na Tafona, visita o stand de Igualdade da Deputación e destaca a actuación de Law, artista mentorizada por Descúbreas

04/06/2022

PortAmérica

O arranque dos Rías Baixas Fest coa celebración do PortAmérica contou cunha intensa presencia da Deputación nas súas diferentes seccións e tamén sobre o escenario. O primeiro dos  festivais, que se vén celebrando estes días entre Caldas de Reis e Portas,  tivo entre as persoas asistentes á presidenta provincial, Carmela Silva, quen asistiu a varios dos concertos e apoiou as distintas iniciativas da Deputación que formaron parte do intenso programa.

Carmela Silva estivo esta mañá na sesión vermú na Tafona (Caldas), onde gozou do espectáculo acompañada do alcalde, Juan Manuel Rey, de responsables da organización do festival, dos deputados Manuel González e Gorka Gómez e de autoridades como o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades. Xa pola tarde, Carmela Silva desprazouse ao escenario Rías Baixas da Azucreira de Portas para gozar das diferentes actuación e visitar o stand de Igualdade que a Deputación  estreou en PortAmérica e levará polo resto dos Rías Baixas Fest. No stand desenvólvese a campaña “Eu decido, ti respectas” e se reparte material divulgativo para concienciar a tódolas persoas asistentes sobre as violencias machistas. Ademais, a presencia da Deputación fíxose moi patente durante a tarde do venres coa presencia sobre o escenario de Law, unha das novas artistas mentorizadas no programa provincial Descúbreas para impulsar a súa formación e carreiras musicais.

A presidenta da Deputación subliñou que a Deputación continúa apoiando, por sexto ano, os macroconcertos que forman parte do selo Rías Baixas Fest, unha iniciativa pioneira e que está a producir magníficos resultados. O selo é xa unha plataforma turística da provincia e un motor de atracción para visitantes tanto de Galicia como do resto de España. Valorou, neste senso, o impacto que PortAmérica 2022 está a producir na ocupación hoteleira, que rexistra un 100% na zona de Caldas de Reis e alcanza un 50% no conxunto da comarca.

A programación dos Rías Baixas Fest, que botou a andar este xoves con PortAmérica continuará coa celebración do Atlantic Fest, o Vive Nigrán, o Sinsal, o Marisquiño e, finalmente, o Revenidas a principios de setembro. Unha programación que, ademais da proxección turística, está marcada pola reivindicación da igualdade, da man da Deputación, gracias á presencia do stand de prevención e concienciación contra as violencias machistas e pola presencia nos carteis das artistas do programa provincial Descúbreas.

Galerias de imaxes

videos

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.