Noticias

As Neves sementando Vida

Nos últimos días desenvolvéronse varias accións de plantacións de árbores


11 abril 2018
As Neves

A 3ª Andaina do Condado repartiu sementes entre as persoas participantes para que fosen deixadas polos lugares de paso da súa ruta. As sementes foron doadas ao Clube Cornelios pola Rexión de Murcia.

A obra social de Abanca coa colaboración das Comunidades de Montes de San Xosé de Ribarteme e Taboexa, o grupo de voluntariado e o Concello das Neves realizou a plantación chamada "Para que as nosas árbores volvan estar onde teñen que estar". A xornada de plantación do sábado 7 de abril foi na área recreativa e panorámica do monte San Nomedio.

Tamén dentro do proxecto o "Monte nace na Escola" despois de plantar cos menores do CEIP e as unitarias na Chan de Vide, agora é no instituto onde coa sempre agradecida axuda do voluntariado se procedeu a plantar as árbores doadas pola empresa Darlim.

O Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez, recorda a traxedia, a solidariedade e agora o impulsos de partir de cero, de renacer, de sementar vida. "Traballamos para nós pero sobre todo para as xeracións futuras".