Noticias

Barro vai dotar de saneamento ao lugar de Astrar, en Curro


21 marzo 2019
Barro
Astrar
O Concello de Barro elaborou un proxecto para levar o servizo de saneamento ao lugar de Astrar, na parroquia de Curro. Este proxecto, que conta cun orzamento de 60.000 €, está financiado con cargo ao Plan Concellos 2019 da Deputación de Pontevedra e se atopa en fase de contratación.
Con esta nova actuación xa son máis de cen vivendas as que se poderán conectar á rede de saneamento, acometidas polo goberno municipal naquelas zonas onde xa existe depuradora.
Este servizo poderá chegar a outras zonas do concello unha vez que se constrúa a nova depuradora en Perdecanai, que dará servizo tamén ás parroquias de Agudelo, Barro e Valiñas.