Noticias

Campaña de reactivación da biblioteca de Barro

Únete ao clan dos libros


26 xuño 2020
Barro
Campaña biblioteca Barro

Os servizos do Concello de Barro viron modificado o seu funcionamento, por mor do COVI-19, durante o período de emerxencia sanitaria. Adaptándonos a situación actual, coas medidas de seguridade e hixiene necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades, comezamos un novo período de normalidade.

A través da campaña "Únete ao clan dos libros" intentaremos reactivar a vida cultural e social da biblioteca e a súa principal actividade,  o préstamo de fondos. Comezamos a campaña o día 26 de xuño coa posta en marcha da primeira actividade, "Aí falaches!" e continuaremos o día 1 de xullo coa segunda iniciativa "Únete ao clan dos libros".

AÍ FLACHES! Busca dinamizar a lectura, por en valor a compresión lectora, e sobre todo incentivar a participación da poboación do Concello de Barro na vida da biblioteca. Para conseguilo cada participante creará un slogan, frase breve ou texto curto. Estas aportacións actuarán como eixo dunha actividade de promoción da importancia da comprensión lectora. O slogan, frase breve ou texto curto con certa orixinalidade, indicará as diferenzas entre a correcta escritura e a correcta comprensión dos textos.

Porque non é o mesmo dicir: imos comer, nenos que imos comer nenos.

Cada participante poderá recoller na OMIX unha camiseta co slogan da campaña "Aí falaches" previo envío das propostas, identificadas co seu nome.

Para crear un ambiente de lectura, comprensión e análise realizaremos unha entrada nas redes sociais con cada colaboración.

ÚNETE AO CLAN DOS LIBROS!. Con esta actividade a biblioteca de Barro busca reactivar o servizo de préstamo do fondo da biblioteca de Barro.

Cada participante en "ÚNETE AO CLAN DOS LIBROS" poderá recoller unha bolsa do Clan, preparada anticipadamente polo persoal da biblioteca cun contido sorpresa, adaptado ao usuario/a. Esta bolsa do Clan, serigrafiada, traerá un agasallo en forma de marca páxinas coleccionables con 7 modelos diferentes, a través dos cales coñeceran pequenos retazos da historia do noso concello.