Noticias

Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos chegan a Barro coa representación de A nena e o grilo


25 outubro 2019
Barro
Concello de Barro

O público infantil poderá desfrutar en Barro da obra A nena e o grilo, máis aló, Magín Blanco e de Teatro Ghazafelhos. A representación combina teatro e música e terá lugar este sábado 26 na Nave da Música ás seis da tarde. A entrada é de balde.

Esta actividade ten como obxectivo ofrecer unha alternativa cultural de calidade aos máis pequenos e está dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes, da Xunta de Galicia.