Noticias

O alcalde de Barro e o presidente da Asociación O Mirador de Monte Porreiro acordan actuar conxuntamente para esixir o servizo de pediatría


15 maio 2019
Barro
Abraldes e C. Diéguez

O alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recibiu ao presidente da Asociación O Mirador de Monte Porreiro, Carlos Diéguez, para analizar a situación creada pola prexubilación do pediatra que cubre o servizo no concello de Barro e no barrio de Monte Porreiro. Nesta reunión acordaron actuar conxuntamente para esixir á Consellería que se cubra de forma inmediata a praza de pediatra nestes dous centros de saúde e que se siga prestando o servizo nas mesmas condicións que até o de agora.

O alcalde vai dirixir unha carta ao xerente da EOXI reclamando información sobre este asunto, e convocou aos colectivos que forman parte da Plataforma Pola Sanidade Pública para analizar a situación creada coa prexubilación deste profesional. Esta reunión será hoxe, ás 21:00 horas, na Casa do Concello.