Noticias

O concello de Barro dotará con 20.000€ adicionais as actuacións relacionadas coa COVID-19


16 xuño 2020
Barro
Concello de Barro

O pleno do Concello de Barro aprobou onte luns, unha modificación de crédito por 45.000€ destinados a actuacións relacionadas coa COVID-19 e a mellora dunha das depuradoras do municipio.

As necesidades económicas que están tendo os concellos para facerlles frente a tódalas consecuencias derivadas da pandemia obrigan a destinar recursos que estaban pensados para outra finalidade, por este motivo o Concello de Barro aprobou destinar 20.000€ que estaban orzamentados para a Festa do viño para aumentar a partida de axudas de emerxencia e para a compra de materiais de protección anti COVID, que se veñen sumar aos 16.685€ da liña 2 do Plan concellos da Deputación que tamén estaban destinados para a festa e que dende o Concello se solicitou o cambio para actuacións e materiais de protección contra a pandemia.

Os restantes 25.000€ da modificación de créditos teñen como destino a mellora da depuradora de Piñeiro co obxectivo de ampliar a súa capacidade de funcionamento.