Noticias

O concello de Barro fai un recoñecemento aos éxitos acadados polo músico de Barro, Esteban Batallán Cons


02 xaneiro 2020
Barro
Esteban Batallán

O concello de Barro recibiu esta mañá a visita do músico de recoñecemento internacional, Esteban Batallán Cons. Este afamado trompetista que naceu en Barro e que recentemente ven de acadar a praza de trompeta solista da Chicago Symphony Orchestra e que suma unha ampla traxectoria no mundo da música clásica pasouse esta mañá polo Concello de Barro onde foi recibido polo alcalde e membros do goberno co fin de recoñecer os éxitos acadados ata o momento na súa carreira profesional, e agradecerlle que leve polo mundo adiante o nome de Barro asociado á excelencia musical. No acto, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes salientou o seu talento musical fraguado por anos de formación e destacou que sempre levara con orgullo a súa procedencia natal alá por vai. Ademais salientou que para Barro é unha verdadeira honra ver como froito do traballo e a perseverancia consigue éxitos coma o de Esteban Batallán. Este músico que con tan só 36 anos xa percorreu as mellores salas de concertos coa súa trompeta é un exemplo para outros músicos que se forman dende as canteiras das escolas de música de pobos coma o de Barro. Neste acto o concello agasallou a Esteban Batallán cunha placa honorífica e asinou no libro de honra do Concello de Barro.