Noticias

Panaderías Acuña trasladará as súas instalacións ao Polígono de Barro


09 outubro 2019
Barro
Traslado Acuña

O Alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, recibiu ao copropietario de Panaderías Acuña, Andrés Acuña Blanco, quen lle informou dos plans que ten a empresa para trasladase ao polígono de Barro, polo que teñen decidido comprar unha parcela no próximo concurso público da Deputación de Pontevedra.

A empresa prevé iniciar a construción das súas novas instalacións na  primavera de 2020 e escolleu asentarse en Barro pola súa ubicación estratéxica. Nestas instalacións traballarán entre 50 e 60 persoas e apostarán, dentro do posible, pola incorporación de persoal da zona de Barro.

O Alcalde, con quen xa mantiveran conversas hai meses para estudar as posibilidades deste traslado, manifestoulle o seu agradecemento por ter apostado finalmente polo concello de Barro para asentar a súa empresa, e transmitiulle que "desde a institución se fará todo o posible para axilizar a tramitación, como sempre se fai con todas as empresas que deciden asentarse en Barro, xa que a creación de postos  de traballo e a dinamización da actividade económica na nosa contorna son unha prioridade para nós".