Noticias

Reunión do Goberno municipal cos colectivos sociais de Barro


23 xaneiro 2020
Barro
Reunión cos colectivos sociais de Barro

O Goberno municipal de Barro, convocou unha reunión cos colectivos sociais e culturais, co obxetivo de coordinar as actividades que se realizan no concello durante todo o ano. Estes colectivos, teñen un papel fundamental na dinamización social e cultural do concello organizando actividades de todo tipo, que xunto coa programación municipal, fai que en Barro exista unha gran cantidade e variedade de actividades ao longo de todo o ano, das que poden disfrutar tanto a veciñanza do Concello como milleiros de persoas que se achegan a Barro.

Nesta reunión, celebrada na noite do pasado mércores, acordouse coordinar a programación das distintas entidades para evitar, dentro do posible, que coincidan nas mesmas datas eventos diferentes, e apoiarse entre todo tecido asociativo para difundir todo o que en Barro se organiza.

O alcalde, aprobeitou a reunión para agradecerlle a todas as entidades o seu traballo, pois son unha peza fundamental para conseguir a dinamización social e cultural de Barro e para poñer á súa disposición a colaboración do Concello, dentro das súas posibilidades, en todos os eventos que organicen.