Noticias

Carmela Silva: "este 8 de marzo superará o anterior malia que queren volver á lei do aborto de 1985"

A presidenta da Deputación agradeceu á veciñanza de Redondela ao cheo absoluto no acto de ‘Oito olladas' "en resposta á incrible decisión do alcalde de negarnos un espazo público"

08 febreiro 2019
Carmela Silva

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quixo resaltar hoxe en rolda de prensa o absoluto éxito da presentación do libro ‘Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo' en Redondela. "Enchemos o salón do pazo de Vilavella, foi a presentación que máis público congregou neste espazo en moito tempo e, de feito, esgotamos todos os exemplares do libro que sempre poñemos á venda cando organizamos estes actos de presentación".

Carmela Silva fixo fincapé en que este éxito da convocatoria foi "unha resposta á incrible e non entendible decisión do alcalde de Redondela, que non permitiu que se presentara nun espazo público" como é o Multiusos de Redondela, onde o Concello xa confirmara a celebración deste acto só para que, días despois, o Goberno municipal negase a cesión. "Esta decisión amosa que o Partido Popular non cre na igualdade e tamén que pensa que o espazo público é un patrimonio de quen goberna, e non da cidadanía". Pola contra, a presidenta provincial quixo agradecer moito "á veciñanza pola excelente acollida a este libro, que vai pola segunda edición, terá sen dúbida unha terceira pero o noso obxectivo é que chegue ás 10". O título editado por Editorial Galaxia e o apoio da Deputación de Pontevedra, salientou Carmela Silva, "ten que ser un libro que lembre os feitos extraordinarios que aconteceron o 8 de marzo de 2018 e que este ano van ser superados".

A presidenta provincial, a respecto disto último, asegurou "non ter dúbidas de que así será, malia que hai algunha xente que está formulando que se deben derrogar a lei de violencia de xénero ou a lei reprodutiva e volver á lei do aborto de 1985". Carmela Silva ironizou con que "parece ser que as mulleres nos temos que converter en quen garantan as pensións, e que para iso é imprescindible que nos poñamos a parir como se o único propósito que temos as mulleres sexa ese". "Isto é algo que me parece terrible que alguén poida dicir, especialmente no século XXI", concluíu a presidenta.