Noticias

#COVID-19 Smartpeme pon en marcha esta semana outros sete obradoiros online

Ata o 22 de maio o programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación oferta cursos sobre venta de produtos, Inbound Marketing ou debuxo 3D


18 maio 2020
Smartpeme

Ante a situación derivada polo COVID-19, a Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta terceira semana de maio sete novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións, con 10 prazas cada unha, versan sobre xestión de redes sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade, copywritting, ferramentas para empresas turísticas, promoción das empresas ou técnicas de marketing.

Deste xeito, este luns realizouse un obradoiro baixo o título de "Optimiza a túa páxina en Faceboook", impartido por Laura Carrera. Para o martes 19 SmartPeme ten programados dous talleres titulados "Desenvolve a túa propia estratexia de email márketing" e "Inbound Marketing", que contarán respectivamente con Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, e José Luis Taboada, enxeñeiro informático. Será o mércores 20 cando se leve a cabo un obradoiro sobre "Como vender os teus produtos nun marketplace", impartido por María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas.

Chegado o xoves 21 de maio realizaranse dous obradoiros. O primeiro deles baixo o título de "Grava e edita co teu teléfono móbil: Inshot", con Lara Taboada, titulada superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, e o segundo introducirase no mundo das "Redes sociais para establecementos turísticos", sendo impartido por Mariana Rosa, técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e graduada en Turismo. Por último, o venres 22 o experto universitario en robótica Manuel Freire levará a cabo un taller sobre "Debuxo 3D con Onshapel I".