A Deputación abre este luns o prazo de inscrición de “Depocrea”, o programa de residencias artísticas deste outono no Náutico de San Vicente

Seis artistas visuais, as e os que presenten os mellores proxectos, desfrutarán de bolsas de 2.500 euros e da residencia no Náutico do 28 de outubro ao 11 de novembro

04/09/2022

Depocrea

“Un proxecto que nos emociona, ao que lle temos un especial cariño e que levamos tempo traballando na súa creación”. Así definiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, á primeira edición de “Depocrea”, un programa de residencias artísticas vencelladas ao territorio que promoverá durante este outono proxectos específicos vinculados a Pontevedra provincia da man do Náutico de San Vicente. A institución provincial subvencionará estas estancias con bolsas de 2.500 euros que chegarán a seis artistas visuais de calquera disciplina mediante unha convocatoria “aberta e pública”, cuxo prazo de inscrición comeza este luns 5 de setembro a través da sede electrónica ou do rexistro da Deputación.

As persoas que queiran optar a unha destas bolsas deberán presentar proxectos “site-specific”, entre os que terán preferencia “as propostas que se acheguen ao patrimonio da contorna ou avoguen por reivindicar valores como a sustentabilidade, a igualdade ou a inclusión social”. Nesta convocatoria poderá participar persoas maiores de idade con independencia da súa procedencia, aínda que se valorará que naceran ou sexan residentes da provincia co fin de fomentar o talento do de Pontevedra provincia. E as candidaturas serán avaliadas por un xurado de profesionais.

Os fondos que a Deputación dedica a estas bolsas vanse a empregar para a realización dos proxectos, no que atinxe á produción e compra de materiais, e a institución provincial tamén se fará cargo do aloxamento. Nestes sentido, Carmela Silva destacou que “eliximos o Náutico de San Vicente porque é un entorno único que aposta polo sustentable e onde natureza, cultura e cidadanía se mesturan en perfecta simbiose.

As residencias terán lugar entre o 28 de outubro de o 11 de novembro e comprenderán unha primeira etapa de creación en formato de portas abertas ou a visita de profesionais do sector, que realizarán unha conferencia e ofrecerán asesoramento e experiencias ás e aos bolseiros. Tamén haberá unha xornada de divulgación e é posible que se precise da participación do público ou dalgún colectivo local para algún dos proxectos. Finalmente, o 11 de novembro as e os artistas presenten os resultados conseguidos durante as residencias nun auto de clausura.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.