Dextrum Ensemble chega o próximo domingo a Covelo da man de “Música no Ar”

O cuarteto de saxofóns actuará as 20.00h na Casa Reitoral de Santa Mariña

12/07/2022

Cartel Dextrum Ensemble  

O próximo domingo, 17 de xullo as 20.00h, a Casa Reitoral de Santa Mariña de Covelo acollerá a cuarta sesión do programa "Música no Ar" que a Deputación ten de novo en marcha este verán co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais como pazos, mosteiros, igrexas, bens de patrimonio industrial, conxuntos etnográficos e espazos protexidos cheos de maxia e historia. As persoas interesadas en acudir a esta cita poden asistir sen reserva, xa que a entrada é libre ata completar aforo .

Dextrum Ensemble , encargado de amenizar a xornada, é un cuarteto de saxofóns formado por músicos galegos: Miriam Aneiros no saxofón soprano, Blanca Represas no saxofón alto, Javier Comesaña no saxofón tenor e Alberto Rocha no saxofón barítono. Déronse a coñecer en abril de 2017 e dende entón traballan en diversos proxectos. Na súa actuación mesturan pezas compostas no século XIII, no Barroco e no romanticismo con sons actuais. Entre os títulos destacan obras como Ouverture du concerto en FA Majeaur de Vivaldi, Concerto italiano de Bach, Capriccio de Feliz Mendelssohn, Tres antigas de María Mendoza, Outro encaixe de Camariñas de Alfonso Morán e Sarajevo de Guillermo Lago.

"Música no Ar", enmarcado no amplo programa da Deputación, "Con-Fiando Cultura" ten como meta promover e garantir o acceso igualitario á cultura para todos e todas, amais de por en valor espazos da memoria, da arte e da identidade.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.