A sede da Deputación en Vigo abre “A viaxe da miña vida”, unha exposición de láminas que reúne a obra de nove artistas da Asociación Down Vigo

A mostra, que poderá verse desde este mércores na Sala Rosalía, apoiase na técnica da pintura ao pastel coa aplicación directa das cores sobre a superficie

05/09/2022

A técnica da pintura ao pastel foi a elixida por nove membros do grupo de Habilidades Adaptativas da Asociación Down Vigo para realizar a segunda parte da mostra “A viaxe da miña vida”, que poderá verse dende este próximo mércores 7 de setembro na Sala Rosalía da sede de Vigo da Deputación e onde permanecerá exposta ata o día 27. Na exposición, Arancha, Antonio, Lola, Lucía, Manuela, Marcelo, Mercedes, Noe e Silvia son as e os artistas que expresan os seus sentimentos, anhelos e recordos a través dunha serie de láminas que chamarán a atención da cidadanía que visite a sede provincial na cidade.

A mostra comezou como un proxecto da asociación para aflorar a creatividade das súas autoras/es. A idea era que en cada peza amosaran unha vivencia mediante a combinación de cores e sombras e a disposición de elementos ente os que destacan aqueles relacionados coa natureza como atardeceres, árbores ou animais. Para levar a cabo esta tarefa valéronse tamén da técnica da pintura ao pastel, coa aplicación directa das cores sobre a superficie sen empregar ningún tipo de disolvente. Deste xeito, conseguiron sacar á luz ás súas vivencias no que foi para elas e eles toda unha viaxe emocional.

A primeira parte desta mostra xa visitou a sede da Deputación en Vigo en xaneiro do 2021. Nela expuxéronse oito tapices de “patchwork”, unha técnica que consiste na unión de tecidos, que tamén tiña como finalidade a expresión dos sentimentos das e dos seus creadores. Con accións coma estas exposicións a Asociación Down Vigo, que na actualidade presta os seus servizos a máis de 200 persoas, busca a  plena integración e a calidade de vida das persoas con síndrome de Down e diversidade intelectual.

Noticias relacionadas

 
		A Deputación conmemora en Vigo o cincuenta aniversario da recuperación da Casa de Rosalía

A Deputación conmemora en Vigo o cincuenta aniversario da recuperación da Casa de Rosalía

Carmela Silva e Abel Caballero inauguran na Farola de Urzáiz unha exposición “imprescindible” para coñecer a historia do museo rosaliano que contou na sede provincial cunha conferencia de Anxo Angueira e a música de Su Garrido

 
		A Deputación leva a Vigo a exposición “A casa de Galicia.50 anos da Casa de Rosalía” da man da Fundación Rosalía

A Deputación leva a Vigo a exposición “A casa de Galicia.50 anos da Casa de Rosalía” da man da Fundación Rosalía

A mostra a ceo aberto estará a disposición do público dende o 6 ata o 20 de xullo na Farola de Urzáiz

 
		“Ilustrando Rías Baixas” chega ao casco vello de Vigo. A sede da Deputación embárcase nunha viaxe de cor coas ilustracións de 7 artistas da provincia

“Ilustrando Rías Baixas” chega ao casco vello de Vigo. A sede da Deputación embárcase nunha viaxe de cor coas ilustracións de 7 artistas da provincia

Andrea Jano, Kiko Da Silva, Clara Cerviño, Carlos Castro, Eduardo Baamonde, Lara Lars e o grupo Nuvi & Éxfico amosarán desde o mércores as súas propostas ilustrativas desde diferentes técnicas e estilos nunha auténtica viaxe polo territorio

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.