A Deputación traslada ao Guardés a felicitación “máis agarimosa” pola “fazaña” no Illumbe: subcampioas da Copa da Raíña

O deputado Gorka Gómez acompañou en Donostia ao equipo e afección da Guarda nuha final onde pesou o esforzo das semifinais pero na que o Mecalia volveu facer historia

01/05/2022

Os camiños de Laxeiro

A Deputación de Pontevedra trasladou hoxe “máis agarimosa” felicitación” ao Mecalia Guardés que conseguiu en Donostia o SubCampionato da Copa da Raíña tras un vibrante partido ante o Costa do Sol de Málaga no que as xogadoras da Guarda fixeron o imposible pola vitoria que finalmente non puido ser despois do esforzo que fixeron na intensa semifinal gañada o sábado ante as favoritas do Bera Bera.

“Unha auténtica fazaña”. Así cualificou Gorka Gómez o SubCampionato que lograron as xogadoras. O deputado de Deportes, que acompañou ao Guardés, a súa directiva e a súa afección no Illunbe Estadio de Donostia xunto aos presidentes da Federación Galega e da Federación Española de Balonmán, expresou “o orgullo por este equipo que volveu a deixalo todo na cancha e que unha vez máis fai historia. Son incribles e volven a poñer ao deporte da provincia de Pontevedra no máis alto”, sinalou.

O deputado xa avanzou que a plantilla do Mecalia Guardés será recibida na Deputación de Pontevedra pola presidenta Carmela Silva “para unha homenaxe máis que merecida”. “Ninguén debe esquecer, recordou, que falamos dun equipo que ven dunha vila pequena e que está a altura dos máis grandes do Estado levando o nome da provincia por toda Europa. Teñen moitísimo mérito”, rematou.