“Guiri en mi ciudad”, último produto musical en saír da “factoría” do programa “Descúbreas” da Deputación

27/08/2022

A dupla viguesa “Todo mal” presenta o videoclip e o single do seu tema “Guiri en mi ciudad”. Trátase dunha canción pop indie que fai unha divertida homenaxe a Vigo e foi producida no marco do programa Descúbreas da Deputación de Pontevedra de apoio ao novo talento musical feminino na provincia.

“Guiri en mi ciudad” está dedicada a esas persoas ás que lles gusta visitar a cidade na que viven baixo a mirada dun turista e sorprenderse cos seus atractivos. Por iso, no vídeo, aparecen lugares tan emblemáticos coma Samil, o Sireno, o MARCO e hai ata un “cameo” do alcalde, Abel Caballero. Podes escoitalo aquí:

“Todo mal” é un grupo formado por María Lago e Sara Baños, dúas rapazas viguesas de 23 anos, unha enfermeira e a outra estudante de enxeñería industrial que se sumaron ao programa de mentorización da Deputación. Amantes da música dende a infancia encontran a inspiración para compoñer nos festivais de música nacionais. As súas maiores influencias son grupos coma Ginebras, Lisasinson ou Cariño.

Iniciaron o seu proxecto musical este mesmo ano, en febreiro de 2022, coa publicación do seu primeiro single “Chica integral” e que chamou a atención de programas prescriptores coma Capitán Demo, de Radio·. Nestes momentos traballan no que será o seu primeiro EP do que forman parte ambos singles. Ademais, os seus temas publícanse en Spotify, Yotube e Instagram.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.