Noticias

A Deputación adxudica por 165.000 € a construción dun corpo lateral e a carpintería exterior do edificio de usos múltiples de Agolada


13 feb 2015

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa Xunta de Goberno, a adxudicación da construción dun corpo lateral e a carpintería exterior do edificio de usos múltiples de Agolada á empresa Decoraciones, Instalaciones y Construccións S. A., por 165.000 euros e un prazo de execución de 3 meses.

A obra prevé o peche do recinto e o acondicionamento interior do edificio para a súa posta en funcionamento, pois, na actualidade, só conta con bancadas.

As obras do edificio de usos múltiples de Agolada atopábanse paralizadas desde o ano pasado debido á falta de financiamento.