Noticias

A Deputación adxudícalle por 360.000 € a Unika Proyectos y Obras SAU a obra do campo de fútbol da Lomba, en Areas (Ponteareas)


24 abr 2015

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra adxudicoulle hoxe á empresa Unika, Proyectos y Obras SAU a obra do campo de fútbol da Lomba, en Areas (Ponteareas), por 360.000 euros.

Ó concurso presentáronse 16 empresas. A adxudicataria conta cun prazo de 3 meses para efectuar os traballos, que consisten en demoler o peche perimetral e a bancada existentes para construír de novo ambos os dous elementos.

Instalarase tamén céspede artificial nun campo que mide 96x55 m. Dotarase o campo dunha rede de drenaxe que elimine a auga a través de reixas perimetrais nas bandas por medio dunha sinxela rede de colectores. E inclúese unha completa rede de rega, cun depósito de 20.000 litros e 6 canóns de rega.

Con estas obras Areas contará cun campo de fútbol 11, dous de fútbol 7, bancos, marcador electrónico, varanda arredor e redes de nailon, 4 torres de 16 metros de alto e 4 proxectores de 2000 W cada un.