Noticias

O Concello e os propietarios da rúa X estudan solucións que permitan o arranxo deste calello


29 novembro 2018
Lalín
Concello de Lalín

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña e o concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, mantiveron no día de onte unha reunión con persoas propietarias do espazo onde se ubica a denominada rúa X, co obxectivo de adoptar posibles solucións que permitan poñer en marcha unha actuación que mellore as condicións deste calello. González Casares sinalou que "estamos ante un asunto dunha enorme complexidade, aínda que no encontro quedou patente a boa vontade por parte de todos os suxeitos implicados (Concello e propietarios) para poder chegar a unha solución que nos permita realizar unha actuación na rúa".

Con todo, o concelleiro sinalou que os técnicos municipais xa están a traballar intensamente na busca de alternativas que permitan a viabilidade dun proxecto mediante o que acondicionar unha rúa céntrica que non presenta unhas condicións adecuadas.