Noticias

O Concello incorpora unha nova técnica a media xornada para a xestión económica dos fondos FEDER

Casares destacou que durante o presente mandato reforzouse a capacidade do Concello de Lalín para optar e traballar con programas comunitarios


07 xuño 2019
Lalín
Fondos Feder

O Concello de Lalín vén de incorporar unha nova técnica en contrato de media xornada para a xestión económica dos fondos europeos FEDER da estratexia Lalín Ssuma 21. Nicolás González Casares sinala que nestes últimos anos o Goberno municipal apostou claramente pola formación de persoal para conseguir o coñecemento na xestión e obtención de fondos europeos. Así, durante o presente mandato reforzouse a capacidade do Concello de Lalín para optar e traballar con programas comunitarios.

Nos últimos 4 anos, ademais da traballadora recén contratada, incorporouse outra técnica administrativa e enviouse persoal técnico a realizar cursos de xestión de fondos comunitarios a Bruxelas. Por outra banda, formáronse dúas traballadoras máis para a elaboración e deseño de estratexias urbanas integradas. Así mesmo, gran parte do persoal municipal de xestión ten formación nestas cuestións. Porén, Nicolás González Casares afirma que o Concello de Lalín está na mellor disposición para seguir acadando formación nestes ámbitos.