Noticias

O concello programa unha xornada sobre agroturismo o día 27 de abril en Zobra

Para participar é necesario inscribirse previamente na oficina municipal de turismo, a través do teléfono 666430458 ou do correo electrónico infoturismo@lalin.gal


13 abril 2019
Lalín
Concello de Lalín

O Concello de Lalín, a través da concellería de Turismo, organiza o vindeiro sábado, día 27 de abril, na Casa das Minas de Zobra, unha xornada sobre agroturismo centrada no deseño de iniciativas turísticas a partir de explotacións gandeiras en silvopastoreo. A inscrición ábrese o luins na actividade é  completamente gratuíta e hai dispoñibles un total de 25 prazas. Para participar é necesario inscribirse previamente na oficina municipal de turismo, a través do teléfono 666430458 ou do correo electrónico infoturismo@lalin.gal.

O programa de actividades é o seguinte:

  • 09.30 horas. Alianzas do Turismo Rural. Hospedaxes rurais e actividades na súas contorna.
  • 10.30 horas. O porco celta e o silvopastoreo: novas oportunidades.
  • 16.30 relato da experiencia silvopastoril no Monte comunal de Carballo (Friol), todo un exemplo a seguir.

O sector de turismo rural atópase nun momento crucial cunha oferta que no para de medrar nos últimos anos da man dunha transformación do medio rural onde se asenta. Así a aposta por iniciativas de calidade son unha grande oportunidade para o agroturismo e para aumentar a oferta turística rural na que Lalín garda unha enorme potencialidade. A xornada busca dar a coñecer iniciativas e reforzar os lazos de colaboración entre as diferentes propostas que aposten pola consolidación do agroturismo como produto turístico de calidade.