Noticias

Permanece aberto o prazo de solicitudes para participar no programa DepoTermal


15 marzo 2019
Lalín
Depotermal

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, lembra que permanece aberto o prazo para presentar solicitudes de participación no programa de termalismo social da Deputación de Pontevedra "Depotermal 2019". O período habilitado para tramitar as inscricións finaliza o día 27 de marzo. As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se desenvolverá nos balnearios da provincia, deben acudir ao departamento de servizos sociais do Concello para reservar praza, de luns a venres, de 08.00 a 14.00 horas, ou poden solicitar máis información no teléfono 986 78 70 60.

Este programa está dirixido a persoas nacidas antes do 1969, persoas pensionistas, ou persoas que precisen dun respiro familiar acreditado por un informe de Servizos Sociais. Para participar é requisito indispensable  non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan. No caso de desexar acudir en parella, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos.

González Casares puxo de relevo o traballo e o esforzo do departamento de Servizos Sociais e da concellería de Benestar para formar parte de programas como Depotermal ou o Imserso dos que poden beneficiarse numerosos usuarios dos servizos sociais e outros cidadáns, e que en poucos Concellos se levan a cabo deste xeito.