Noticias

O alumnado e profesorado do Colexio La Inmaculada visitaron as instalacións da Escola de Cantería

As nenas e nenos do Colexio La Inmaculada de Marín, coa compañía do profesorado, puideron coñecer de primeira man o traballo que se fai na escola


20 xuño 2018
Visita a Escola de Canteria

A deputada de emprego, Montserrat Magallanes, recibiu na Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra a visita das nenas e nenos do colexio La Inmaculada de Marín. Tanto o alumnado coma o profesorado que asistiu puideron coñecer de primeira man os traballos que os alumnos e alumnas da Escola de Cantería desenvolven o longo do ano e as experiencias de colaboración que teñen en diferentes países do mundo.

Os estudos que realizan as alumnas e alumnos na Escola de Cantería son eminentemente prácticos, por iso as saídas e visitas de estudos forman parte integral do proxecto educativo do centro. Froito desta formación práctica, moitas das obras de arte, como cruceiros, monolitos, conxuntos escultóricos, bustos, peanas ou construcións arquitectónicas, que levan a cabo as alumnas e alumnos están a ser situadas en lugares de Galicia, de toda España e tamén de Brasil, México, Arxentina, Panamá e Portugal. Ademais, antigos alumnos e alumnas están a traballar na restauración do Capitolio de Washington e do barrio de Chiado de Lisboa, así como a desenvolver actuacións de rehabilitación da Catedral de Santiago ou Westminster en Londres e de construción da Sagrada Familia de Barcelona.


Novas relacionadas

Exposición Nado en Pedra

26 marzo 2018, alcalde a guarda, a guarda, nado en pedra, montse magallenes
Escola de cantería

06 febreiro 2018, ponteareas, escola de cantería, feira de ensinanzas profesionais e artistas