Noticias

O Club Team Farto, primeiro equipo feminino UCI de Galicia, recibe os parabéns da Deputación


29 xullo 2021
Recepción do equipo Farto

O equipo feminino de ciclismo Team Farto, primeiro equipo feminino UCI profesional de Galicia, estivo na sede de Turismo Rías Baixas da Deputación para compartir os éxitos acadados.

Acompañadas polo sei director deportivo, Brais Dacal, as ciclistas foron recibidas polas deputadas de Turismo, Ana Laura Iglesias, e Igualdade, Victoria Alonso. Iglesias expresoulles o apoio da institución provincial e o orgullo polo feito de que o equipo pontevedrés vaia participar na próxima Volta a España. Agradeceu o esforzo dunhas deportistas que acaban de facer historia. Ao mesmo tempo, destacou a importancia de achegar axudas aos clubs femininos en condicións de igualdade con respecto aos masculinos, unha medida que a Deputación xa implantou. "Non pode seguir existindo unhas distinción entre deporte practicado por homes e por mulleres", resaltou.

Pola súa banda, o adestrador, Brais Dacal, agradeceu o soporte económico da Deputación e destacou como "fito histórico" o feito de participar en diversas carreiras e percorrer as estradas da comunidade, recalcando o traballo que aínda lles resta pola igualdade de xénero no deporte. A ciclista Sabela Rey, pola súa banda, afirmou que "é un soño estar aquí porque desde pequena soñaba con ser deportista profesional no ciclismo; agardamos seguir dando guerra, demostrando que valemos".

O Club Team Farto está composto polas ciclistas galegas: Sabela Rey, Carla Fernández, Inés Castaño; as portuguesas: Diana Pedrosa, Liliana de Jesús e Melissa Maia; a valenciana Pilar Giménez; as vascas Enara López e Garazi Korta.

Fotos