Noticias

O Concello de Ribadumia abre o prazo para a reserva de praza na Escola de Verán


29 abril 2017
Ribadumia

O concello de Ribadumia informa que dende o próximo día 2 ata o 16 de maio, todas aquelas familias que o desexen poden reservar praza para os seus nenos na Escola de Verán do Concello de Ribadumia, tendo en conta sempre o seguintes requisitos:

  • Nenos de 3 a 12 anos
  • Nenos empadroados en Ribadumia, así como tamén a nai ou o pai
  • Aportar xustificantes de ocupación laboral dos proxenitores

Esta é unha medida que ano tras ano ten maior demanda, e que o concello de Ribadumia mantén como unha ferramenta para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ribadumia.

Este ano ademais con novidades, xa que atendendo a demanda de algúns pais que se achegaron ata as dependencias municipais, plantéxase a opción de comedor. Opción que entendemos pode axudar a moitas familias a mellorar e facilitar a conciliación nos meses de vacacións.

Ademais disto, engadir que todos os que o desexen poden descargar a solicitude dende a web do concello, www.ribadumia.org.

As solicitudes poden ser presentadas na casa do concello en horario de 8 a 15 horas de luns a venres.