Noticias

O Goberno de Carmela Silva destinou 59 millóns de euros aos concellos do Salnés-Arousa en 3 anos "é o maior investimento da historia da Deputación"

"Só con Plan Concellos investimos 29 millóns de euros e puxemos en marcha 300 obras. Cantas fixo a Xunta de Galicia?"


09 outubro 2018
Vilagarcía

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer hoxe, nunha comparecencia en Vilagarcía de Arousa, que a institución provincial investiu nos tres anos do actual Goberno preto de 59 millóns de euros nos concellos de menos de 50.000 habitantes do Salnés-Arousa: Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. "É o maior investimento da historia da Deputación nesta comarca, e moito máis importante que a que fixo calquera outra administración", asegurou a presidenta, que sinalou que "preto de 29 millóns corresponderon ao Plan Concellos e outros preto de 16 millóns ás distintas áreas do Goberno provincial".

"Falo de datos obxectivos, de números que se poden comprobar un a un", destacou a presidenta. "Estas son as cifras que ninguén poderá refutar e o que significa é moi importante: que non hai actividade ou servizo nos concellos de menos de 20.000 habitantes que non leven o nome e o apelido desta Deputación". Carmela Silva, que relatou todos os datos dos últimos tres anos de investimentos na comarca, engadiu que "ningunha administración investiu como este Goberno nestes doce municipios. Só co Plan Concellos fixemos 300 obras, cantas fixo a Xunta de Galicia?", preguntou a presidenta.

En liñas xerais, a institución provincial investiu 28,9 millóns de euros no Plan Concellos; máis de 4 millóns de euros entre o PICEI de 2016 e o Plan de Reequilibrio 2017-2018 que beneficiaron a Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meis e Pontecesures; máis de 2,2 millóns para proxectos do DepoRemse en Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Pontecesures, Ribadumia e Vilagarcía de Arousa; 7,6 millóns noutros proxectos e plans; preto de 1,3 millóns de euros en Emprego (e, a maiores, outros máis de 5 millóns do Plan Concellos destinados a esta finalidade); 2.900.000 € na área de Cohesión Social e Xuventude; arredor de millón e medio de € en Deportes; máis de 1.100.000 € en Cultura; 7 millóns de euros en Mobilidade; 275.000 euros para a Igualdade entre mulleres e homes; 626.000 euros en Medio Ambiente; outros 172.000 € na área de Novas Tecnoloxías ou 1.200.000 euros en Turismo.

O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra supuxo un investimento de preto de 29 millóns de euros na comarca, con 3.461.054,56 € para Cambados, 1.517.758,93 € para Catoira, 2.867.134,43 € para O Grove, 1.514.684,04 € para A Illa de Arousa, 1.810.723,13 € para Meaño, 1.730.707,84 € para Meis, 1.317.238,59 € para Pontecesures, 1.686.789,19 € para Ribadumia, 3.250.534,37 € para Sanxenxo, 1.823.018,26 € para Valga, 5.256.368,58 € para Vilagarcía de Arousa e 2.694.154,41 € para Vilanova de Arousa. Ao abeiro do Plan Concellos xa se levan realizadas preto de 300 obras nestes doce concellos, 117 en 2016, 104 en 2017 e 77 en 2018.

Dentro dos plans para favorecer o equilibrio territorial entre os concellos castigados polo anterior Goberno provincial, Catoira recibiu 125.000 € no PICEI para o acondicionamento da Casa do Concello e outros 387.000 € (dun orzamento total de 484.000 €) no Plan de Reequilibrio para o novo equipamento do Centro de Activación Cultural Torres de Oeste. Tamén se beneficiaron do Plan de Reequilibrio O Grove (1.500.000 € para o Auditorio e a Escola de Música, dun orzamento de 2,8 millóns), A Illa de Arousa (1.500.000 € para a rehabilitación das ‘casas modernistas', cun orzamento de 2.600.000 €), Meis (238.000 € para reforma e adecuación da praza de España do Mosteiro, cun orzamento de 298.000 €) e Pontecesures (361.000 € para a recuperación do espazo público cara á ría, cun orzamento de 452.000 €). En total, a Deputación de Pontevedra achega 3.986.125,93 € no marco deste proxecto.

Ademais, Carmela Silva lembrou que o Plan DepoRemse, "feito con bases e criterios obxectivos como todos os nosos plans, ao contrario do que se facía antes", deixou entre os concellos da comarca máis de 2,2 millóns de euros para mellorar a mobilidade e a seguranza viaria nos espazos públicos de Catoira (436.000 € para actuar na mellora da seguridade dos viarios municipais das parroquias de Abalo, Catoira e Dimo), O Grove (383.000 € para o calmado de tráfico e mellora da accesibilidade no colexio Rosalía de Castro), A Illa de Arousa (450.000 € para a reforma do entorno do centro de saúde para mobilidade sustentable), Meaño (274.000 € para a remodelación e mellora na seguridade dos viarios municipais da contorna dos centros educativos de Dena), Pontecesures (241.000 € para a mellora da mobilidade e a seguranza nas rúas do Castro e Infesta), Ribadumia (168.000 € para a mellora da seguridade viaria nos accesos á gardería municipal, ao CPI Julia Becerra, ao pavillón polideportivo e ao campo de fútbol da Bouza) e para Vilagarcía de Arousa (309.000 € para a mellora integral mobilidade e seguridade viaria na contorna ao recinto de Fexdega). O investimento total sitúase en 2.261.234 €.

O investimento noutros plans á marxe dos mencionados ascende a 7,6 millóns de euros: 611.000 € no Plan de emprego de 2015, 1.872.868 € nas distintas convocatorias de préstamos sen xuros, 1.341.781 € no convenio para a piscina de Cambados, 757.387,62 € no convenio para o Esteiro de Vilanova de Arousa, 2.200.000 € nas Pousadas do Salnés, 634.706 € con Fondos Europeos para a iluminación sustentable e 137.350 € para os puntos limpos, 36.033 € para o equipamento das instalacións deportivas, 13.333 € para os sendeiros azuis, 10.000 € para o Festival de Cambados Cidade Europea do Viño, 6.000 € para a instalación de desfibriladores, 1.920 € en doazón para espazos públicos e 1.278 € para o Degusta Europa.

Dentro da área de Emprego, Carmela Silva informou de que "en tres anos financiamos na comarca do Salnés-Arousa a creación de 825 postos de emprego e de formación, cun investimento de 6.420.336,23 €" entre o Plan Concellos, con 5.150.000 €, e os distintos plans de práctica laboral mailo Practicum Depo Erasmus+, outros máis de 1.270.000 €. A través do Plan Concellos "creamos 659 empregos na comarca", sinalou Carmela Silva, que se distribúen da seguinte maneira: 83 en Cambados (625.000 €), 45 en Catoira (414.000 €), 72 no Grove (517.000 €), 40 na Illa de Arousa (272.000 €), 54 en Meaño (328.000 €), 27 en Meis (288.000 €), 26 en Pontecesures (230.000 €), 36 en Ribadumia (305.000 €), 116 en Sanxenxo (761.000 €), 104 en Vilagarcía de Arousa (956.000 €) e 56 en Vilanova de Arousa (455.000 €). Valga é o único concello de toda a provincia de Pontevedra que non solicita axudas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos.

O investimento da Deputación dentro do Plan de práctica laboral nos concellos foi de 833.000 euros, cun total de 108 bolseiros e bolseiras, e outras 39 persoas, cun importe de 324.000 €, dentro do Plan de práctica laboral en empresas: 18 en Cambados (152.000 €), 5 en Catoira (43.000 €), 13 no Grove (95.000 €), 8 na Illa de Arousa (60.000 €), 7 en Meaño (61.000 €), 6 en Meis (56.000 €), 7 en Pontecesures (57.000 €), 9 en Ribadumia (66.000 €), 25 en Sanxenxo (196.000 €), 6 en Valga (52.000 €), 29 en Vilagarcía de Arousa (214.000 €) e 14 en Vilanova de Arousa (104.000 €). Ademais, participaron no programa de mobilidade europea Practicum Depo Erasmus+ 5 estudantes de Cambados (28.000 €), 8 da Illa de Arousa (39.000 €) e 6 de Sanxenxo (46.000 €), un total de 19 estudantes cun orzamento de 114.000 €.

No apartado de Cohesión Social e Xuventude, o achegado aos concellos do Salnés-Arousa sitúase en arredor de 2.900.000 euros: 2.888.748,33 € que permitiron, entre outros aspectos, mobilizar a máis de 9.000 veciñas e veciños de máis de 120 asociacións cos programas provinciais de actividades. A Deputación investiu 2.090.585 € no Plan de cofinanciamento dos servizos comunitarios (do que Vilagarcía de Arousa non se beneficiou por ter máis de 20.000 habitantes), 228.000 € en Cambados, 95.000 € en Catoira, 239.000 € no Grove, 101.000 € na Illa de Arousa, 238.000 € en Meaño, 130.000 € en Meis, 93.000 € en Pontecesures, 120.000 € en Ribadumia, 249.000 € en Sanxenxo, 262.000 € en Valga e 337.000 € en Vilanova de Arousa. Ademais, a institución provincial achegou un total de 313.450 € para axudas de emerxencia (das que Vilagarcía de Arousa tampouco se beneficiou polo mesmo motivo): 28.400 € en Cambados, 21.300 € en Catoira, 28.400 € no Grove, 21.300 € na Illa de Arousa, 26.500 € en Meaño, 36.000 € en Meis, 28.950 € en Pontecesures, 26.500 € en Ribadumia, 41.200 € en Sanxenxo, 26.500 € en Valga e 28.400 € en Vilanova de Arousa. Así mesmo, a Deputación mellorou a vida das persoas maiores das comarcas a través do financiamento do programa de teleasistencia, no que participaron 272 homes e mulleres cunha achega de 25.000 €: 56 de Cambados, 8 de Catoira, 47 do Grove, 8 de Meis, 17 de Pontecesures, 26 de Ribadumia, 74 de Sanxenxo, 6 de Valga e 30 de Vilanova de Arousa. Nas liñas de axudas a colectivos sociais, beneficiáronse 43 colectivos de Cambados, O Grove, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa con achegas superiores aos 220.000 €.

No que se corresponde cos programas de actividades e de atención cidadá, Carmela Silva sinalou que "mobilizamos a preto de 9.000 persoas e 72 asociacións da comarca a través de Depo en marcha, En ruta coa Depo, Depotermal, Tecendo lazos, DepoRúARTE e Depo Aventura A Lanzada". En En ruta coa Depo participaron 6.090 persoas (371 de Cambados, 394 de Catoira, 855 do Grove, 246 da Illa de Arousa, 415 de Meaño, 310 de Meis, 108 de Pontecesures, 50 de Ribadumia, 580 de Sanxenxo, 105 de Valga, 1.781 de Vilagarcía de Arousa e 875 de Vilanova de Arousa). En Depo en marcha participaron un total de 753 persoas (63 de Cambados, 104 de Catoira, 56 do Grove, 21 da Illa de Arousa, 45 de Meaño, 35 de Ribadumia, 143 de Sanxenxo, 40 de Valga e 17 de Vilanova de Arousa). Un total de 690 persoas (45 de Cambados, 15 do Grove, 51 da Illa de Arousa, 105 de Meaño, 107 de Meis, 6 de Pontecesures, 26 de Ribadumia, 28 de Sanxenxo, 76 de Valga, 134 de Vilagarcía de Arousa e 97 de Vilanova de Arousa) gozaron do termalismo de #PontevedraProvincia grazas ao programa Depotermal e outras 206 persoas de Cambados (13), Catoira (34), O Grove (53), A Illa de Arousa (12), Meaño (20), Meis (13), Pontecesures (36), Ribadumia (11) e Valga (14) reforzaron os lazos afectivos entre distintas xeracións dunha mesma familia grazas aos obradoiros de Tecendo lazos. Para as máis novas e os máis novos, a Deputación de Pontevedra levou as súas actividades de arte urbana no marco de DepoRúARTE a 136 mozas e mozos: 18 de Catoira, 20 de Meis, 85 de Vilagarcía de Arousa e 13 de Vilanova de Arousa. Tamén entre o sector máis novo, 1.047 menores se beneficiaron dos campamentos de Depo Aventura A Lanzada: 112 de Cambados, 30 de Catoira, 84 do Grove, 49 da Illa de Arousa, 67 de Meaño, 45 de Meis, 28 de Pontecesures, 53 de Ribadumia, 91 de Sanxenxo, 72 de Valga, 325 de Vilagarcía de Arousa e 91 de Vilanova de Arousa. Persoas da comarca tamén se beneficiaron dos cursos de español para persoas inmigrantes e dunha charla do ciclo ‘Tempos de Saúde' en Ribadumia.

En canto á Mobilidade, a presidenta Carmela Silva lembrou que o investimento foi superior aos 7 millóns de euros (7.007.839,88 €) para a realización de "obras de mellora nas estradas provinciais do Salnés-Arousa e distintos plans de mobilidade". Nos últimos tres anos, sinalou, "licitamos e/ou iniciamos obras por importe de preto de 4 millóns de euros, 34 actuacións" en viarios de Cambados (33.000 €), Catoira (105.000 €), O Grove (542.000 €), A Illa de Arousa (14.000 €), Meaño (57.000 €), Meis (500.000 €), Ribadumia (433.000 €), Sanxenxo (1.770.000 €), Valga (992.000 €), Vilagarcía de Arousa (4.900.000 €) e Vilanova de Arousa (15.000 €). Tamén se financiou cun total de 1.570.000 € a realización de 37 asistencias técnicas necesarias para o bo desenvolvemento das obras en Catoira, O Grove, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Valga e Vilanova de Arousa.

Destacan as obras de mellora da mobilidade peonil e seguridade viaria na EP-8703 Dimo-Coaxe, EP-9106 Praia-Carreiro, EP-9406 Galles-A Armenteira, EP-9508 Lois-A Goulla, EP-9306 Cobas-Padrenda, EP-9213 A Granxa-Dorrón, EP-8504 O Forno-As Cernadas, EP-8503 Cordeiro-Senín e EP-9803 Embarcadoiro-Centro da Illa; obras de mellora de drenaxe e capa de rodaxe na EP-9001 Castrelo-Couto de Abaixo, EP-9002 Fefiñáns-Oubiña, EP-8001 Caldas-Carracedo-Catoira, EP-9213 A Granxa-Dorrón, EP-9202 Nanín-Igrexa de Bordóns, EP-9305 Coirón-Ribadumia-Leiro e a EP-8501 Valga-Martores; a construción de muros na EP-9406 Galles-A Armenteira, EP-9402 Mosteiro-Barrantes, EP-9205 Sanxenxo-Meaño e a EP-9601 Vilagarcía-Cea-Castrogundín; e as obras de emerxencia na EP-9702 As Sinas-Vilanova.

O Plan Móvese achegou preto de 718.000 € á comarca, coa construción de 60 pasos peonís (5 en Catoira, 12 no Grove, 9 na Illa de Arousa, 1 en Meaño, 4 en Meis, 3 en Pontecesures, 19 en Sanxenxo, 4 en Valga e 3 en Vilanova de Arousa) e a instalación de 93 redutores de velocidade (16 en Catoira, 5 no Grove, 1 na Illa de Arousa, 11 en Meaño, 7 en Meis, 8 en Pontecesures, 39 en Sanxenxo, 3 en Valga e 3 en Vilanova de Arousa). A Deputación investiu nas estradas provinciais localizadas nos concellos da comarca 70.000 € co Plan de sinalización viaria e 122.000 € co Plan de pintado das estradas, así como investiu 62.000 € no Plan de rozas e limpezas para actuar nun total de 194.992 metros.

Na área de Igualdade, o investimento foi de máis de 274.000 € para "fomentar a igualdade e a concienciación contra as violencias machistas con máis dun centenar de cursos", sinalou a presidenta Carmela Silva, que informou de que grazas á colaboración cos concellos de menos de 20.000 habitantes para a implantación de accións e medidas para o fomento da igualdade e a prevención das violencias machistas, puidéronse financiar 18 actuacións con preto de 96.000 euros para Cambados, Catoira, O Grove, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia e Sanxenxo (77.000 €), e asociacións de Cambados e Vilagarcía de Arousa (19.000 €). A través do programa Conectadas, financiáronse 212 cursos por valor de 169.000 € colaborando con asociacións veciñais, de mulleres e asociacións culturais, achegando formación transversal en igualdade: 21 cursos en Cambados (19.000 €), 7 en Catoira (6.000 €), 13 no Grove (12.000 €), 5 na Illa de Arousa (5.000 €), 14 en Meaño (13.000 €), 16 en Meis (15.000 €), 5 en Pontecesures (4.000 €), 3 en Ribadumia (2.000 €), 25 en Sanxenxo (17.000 €), 25 en Valga (22.000 €), 56 en Vilagarcía de Arousa (41.000 €) e 22 en Vilanova de Arousa (14.000 €). Ademais, o programa Mulleres en acción. Violencia zero chegou a Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Valga e Vilagarcía de Arousa, cun investimento superior aos 7.000 €, Sorrisos transformadores ao Grove, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa (1.200 €) e o programa Cinema e muller a Cambados, Catoira, O Grove, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa (1.000 €).

En canto a Deportes, Carmela Silva sinalou que "investimos preto dun millón e medio de euros en axudas, beneficiando a máis de 250 clubs, entidades, asociacións e deportistas da comarca e centos de nenas e nenos que participaron nas Deporte Escolas". A presidenta provincial informou en primeiro lugar da liña de axudas ao deporte federado das categorías base e inferiores. A presidenta resaltou que "aumentamos as cantidades en 200.000 € desde 2015, permitíndonos chegar a un 10 % máis de clubs en toda a provincia". No caso da comarca do Salnés-Arousa, beneficiaron a 89 clubs e asociacións deportivas, 4 de Cambados, 2 de Catoira, 16 do Grove, 4 da Illa de Arousa, 5 de Meaño, 4 de Meis, 3 de Pontecesures, 3 de Ribadumia, 14 de Sanxenxo, 6 de Valga, 20 de Vilagarcía de Arousa e 8 de Vilanova de Arousa, cunha achega total de case 232.000 €.

Ademais, a Deputación investiu máis de 296.000 € na liña de achegas aos clubs de categoría estatal nas súas disciplinas, beneficiando a 2 clubs de Cambados, 1 de Catoira, 1 do Grove, 1 da Illa de Arousa, 1 de Ribadumia, 1 de Valga e 4 de Vilagarcía de Arousa (un total de 13). No caso do deporte náutico, a Deputación investiu 390.000 € para 15 clubs de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. No apartado de organización de actividades, eventos e probas deportivas, a institución provincial achegou un total de 279.000 € que permitiron financiar 52 actividades de clubs de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Na liña de achegas a deportistas individuais, a Deputación colaborou con 64 deportistas de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, unha achega superior aos 37.000 €. Ademais, a Copa Deputación supuxo a participación de 37 clubs de fútbol por valor de máis de 70.000 €. A Deputación de Pontevedra tamén instalou 18 Deporte Escolas nos concellos da Illa de Arousa, Meaño, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, que atenderon a centos de nenas e nenos que practicaron balonmán, fútbol, judo, patinaxe e piragüismo. Este ano a Deputación convoca 22 novas escolas deportivas. Nos campamentos polideportivos do Centro Príncipe Felipe participaron 97 rapazas e rapaces da Illa de Arousa, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. A presidenta tamén resaltou as achegas a través de DEPOcomparte para o préstamo de material a clubs das comarcas para a realización de competicións e actividades deportivas.

Na área de Cultura, a Deputación de Pontevedra investiu máis dun millón de euros para realizar ducias de actividades dos concellos, das asociacións, das entidades e das comisións de festas dos concellos de menos de 50.000 habitantes da comarca do Salnés-Arousa. A presidenta lembrou que "cada ano desenvolvemos unha liña de colaboración co tecido socio-cultural da provincia, cunha temática diferente: Ano Castelao, Ano do Patrimonio e Ano da Lingua. A través deste novo concepto achegamos en tres anos máis de 63.000 €" para desenvolver 61 actividades: 5 en Cambados, 5 no Grove, 2 na Illa de Arousa, 4 en Meaño, 1 en Meis, 1 en Ribadumia, 9 en Sanxenxo, 17 en Valga, 17 en Vilagarcía de Arousa e 2 en Vilanova de Arousa. Dentro das axudas para a dinamización da lingua galega, cunha liña dirixida a concellos e outra a entidades culturais, destináronse máis de 138.000 € que chegaron aos concellos de Cambados, Catoira, O Grove, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga e Vilagarcía de Arousa (89.000 €), e tamén a 15 colectivos sociais de Cambados, Catoira, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, Valga e Vilagarcía de Arousa (50.000 €).

Ademais, a institución provincial achegou 188.000 € á rehabilitación e sinalización do patrimonio de Cambados (21.000 €), Catoira (10.000 €), O Grove (25.000 €), A Illa de Arousa (19.000 €), Meaño (5.000 €), Meis (17.000 €), Pontecesures (12.000 €), Ribadumia (7.000 €), Sanxenxo (20.000 €), Valga (25.000 €), Vilagarcía de Arousa (18.000 €) e Vilanova de Arousa (7.000 €). Destacan nesta liña a conservación do Muíño das Mareas da Seca e a conservación do Pazo de Torrado e sala da nave Peña, en Cambados; a sinalización das Torres de Oeste, a restauración e sinalización dos Muíños de vento de Trasdaveiga, en Catoira; a mellora do lavadoiro de Meloxo, no Grove; a rehabilitación do lavadoiro e o pozo na Abilleira e a mellora do camiño de Abilleira, na Illa de Arousa; a restauración do cruceiro das Ánimas de Lamas, o proxecto para a interpretación do Mosteiro da Armenteira e a igrexa de Sta. M.ª do Mosteiro, maila restauración do cruceiro das Ánimas de Castiñeiras, en Meis; a intervención no cruceiro de Arcas Lores, en Meaño; a restauración de cinco cruceiros en Pontecesures; a rehabilitación de varias fontes e lavadoiros en Ribadumia; a conservación e reparación do cruceiro e lavadoiro de Freixo, a restauración de fontes e lavadoiros da igrexa de Noalla e da Ferraría en Sanxenxo; o acondicionamento do acceso entre os muíños das fervenzas de Parafita e Raxoi, en Valga; a restauración do conxunto dos petróglifos dos ballotes en Meadelos, en Vilagarcía de Arousa, e a reparación da carpintaría de madeira da Casa Museo Valle-Inclán en Vilanova de Arousa, entre outras.

A Deputación tamén investiu 474.000 € na colaboración cos concellos e comisións de festas para contratar grupos de música e baile co programa Pontegal: 50.000 € en Cambados, 23.000 € en Catoira, 34.000 € no Grove, 19.000 € na Illa de Arousa, 28.000 € en Meaño 27.000 € en Meis, 14.000 € en Pontecesures, 39.000 € en Ribadumia, 42.000 € en Sanxenxo, 61.000 € en Valga, 67.000 € en Vilagarcía de Arousa e 71.000 € en Vilanova de Arousa. Do mesmo xeito, 19.000 € para festivais audiovisuais e preto de 100.000 € no marco do programa Musigal, que leva a música galega e en galego por todo o territorio da provincia, con concertos en Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

En canto a Turismo Rías Baixas, o investimento na comarca situouse en máis dun millón de euros. O Goberno provincial investiu nestes tres anos 58.000 € en actuacións de promoción en todos os concellos, resaltando as campañas de turismo familiar, o Cruzando Camiños, a Romaría Viquinga de Catoira, as Rutas da Camelia, promoción das vilas mariñeiras… Ademais, a Deputación colaborou con asociacións da comarca para levar a cabo 25 actuacións, cun investimento de 257.000 €. A iso haberíalle que sumar un investimento de 847.213,42 € para oito actuacións no marco do protocolo de colaboración para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos, en Ribadumia, Sanxenxo, Valga e Vilagarcía de Arousa.

A Deputación tamén investiu máis de 600.000 euros en Medio ambiente para implantar "un novo modelo de sustentabilidade e coidado da nosa contorna e dos nosos sectores produtivos". A liña de mellora dos montes mediante a creación de parques forestais supuxo ata agora máis de 58.000 € para actuar en parques forestais de Catoira e A Illa de Arousa. A liña de mantemento dos campos de fútbol, con maquinaria e persoal propio, permitiu realizar 53 actuacións en Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Ribadumia, Sanxenxo, Valga, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, por valor de 159.000 €. As liñas de axudas ao sector primario beneficiaron a catro cooperativas de Cambados, Meaño e Ribadumia, por valor de 89.000 €, e oito confrarías de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, por valor de 200.000 €.  Ademais, ao abeiro do Plan Revitaliza, instaláronse composteiros comunitarios nos concellos de Cambados, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, O Grove conta con maquinaria para a compostaxe, así como composteiros comunitarios e a repartición de composteiros individuais (un investimento total de 85.149,55 euros).

Este ano a Deputación de Pontevedra puxo en marcha a novidosa actividade das Rutas de Marisqueo en Carril, achegando esta experiencia para o público familiar cun investimento de 3.000 €. O Goberno provincial tamén dedicou 15.000 € a unha bolsa de estudos co centro IFAGA da Illa de Arousa, co obxectivo de que unha persoa alumna puidera completar a súa formación en acuicultura no estranxeiro.

No apartado de Novas Tecnoloxías o investimento da Deputación de Pontevedra sitúase por enriba dos 172.000 € "para implantar a administración electrónica e impulsar as TIC a través do servizo SmartPeme". No caso da administración electrónica, o investimento foi de 48.000 € para formar a un total de 467 persoas funcionarias (105 de Cambados, 33 de Catoira, 96 do Grove, 48 da Illa de Arousa, 43 de Meaño, 46 de Meis, 45 de Pontecesures e 51 de Valga), e pola súa banda SmartPeme beneficiou a 169 empresas (39 de Cambados, 3 de Catoira, 8 do Grove, 4 da Illa de Arousa, 15 de Meaño, 5 de Meis, 8 de Ribadumia, 24 de Sanxenxo, 42 de Vilagarcía de Arousa e 16 de Vilanova de Arousa) cun investimento de 125.000 euros desde a oficina de Cambados, na que Carmela Silva salientou que "nestes tres anos atendemos 619 consultas e realizamos 137 obradoiros aos que asistiron 886 persoas".

A presidenta tamén informou das achegas no apartado de Comunicación, atendendo 95 solicitudes de impresión de carteleira de asociacións de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa.

Inversión global da Deputación en cada un dos concellos (A actualización da inversión é a data previa o verán. A día de hoxe é maior)

  • 5.938.848,40 € en Cambados
  • 4.397.619,80 € en Catoira
  • 6.500.830,06 € no Grove
  • 4.332.033,59 € na Illa de Arousa
  • 2.904.555,21 € en Meaño
  • 3.137.719,28 € en Meis
  • 2.355.424,68 € en Pontecesures
  • 3.080.518,85 € en Ribadumia
  • 7.902.785,74 € en Sanxenxo
  • 5.401.724,31 € en Valga
  • 7.334.857,19 € en Vilagarcía de Arousa
  • 4.590.729,78 € en Vilanova de Arousa

Fotos