Noticias

O Goberno de Carmela Silva financia en Vilagarcía de Arousa a instalación de sinalización semafórica por máis de 60.000 euros

Trátase dun investimento con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019


15 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación dun novo investimento para Vilagarcía de Arousa con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, serán 61.024,72 euros cos que o concello poderá financiar a instalación de sinalización semafórica na intersección das rúas doutor Tourón, Fariña Ferreño e Alejandro Cerecedo da vila.

Máis polo miúdo, a actuación consistirá na subministración, instalación e posta en funcionamento dunha regulación semafórica, que constará de cinco columnas, no cruce das citadas rúas.