Noticias

O Goberno de Carmela Silva financia na Guarda a adquisición de módulos de socorrismo e baños adaptados nas praias do Muíño e de Area Grande

Trátase dun investimento de máis de 60.000 euros con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019


15 marzo 2019
Plan Concellos 2018-2019

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, aprobou un novo investimento para A Guarda con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, serán 61.901,59 euros para financiar a adquisición de módulos de socorrismo e baños adaptados para as praias do Muíño e de Area Grande.

Máis polo miúdo, a actuación consiste na subministración dun módulo equipado para socorristas, de dous módulos de aseos e de catro torres de vixilancia para ambas as dúas as praias do concello da Guarda.