Noticias

A ANPA de Rosalía de Castro pon a funcionar o Comedor Escolar

O Concello do Grove consegue esta infraestrutura cun investimento de máis de 45.000 euros.


22 maio 2019
O Grove
Feira de Artesanía

Tras un grande esforzo de moito tempo e grazas á colaboración entre a ANPA do CEIP Rosalía de Castro a Xunta de Galicia e o Concello do Grove, onte comezou a dar servizo o comedor escolar deste centro, facendo así que todos os centros educativos do Grove conten xa con este servizo.

A construción deste módulo provisional foi posible gracias a un acordo no que o Concello do Grove se fixo cargo de 30.000 euros dos 60.000 nos que estaba orzamentada esta obra. O acordo chegou en agosto de 2018 logo de moitas conversas e negociacións e ante a constatación de que o antigo edificio dos mestres non tiña viabilidade para acoller este servizo. Ademais dos 30.000 euros asumidos polo Concello para a instalación do módulo, o goberno local tamén se fixo cargo da instalación eléctrica e a fontanería, cun custo que ronda os 3.000 euros, de todo o acondicionamento interior como mesados, fregadoiros, lavalouzas, estractor, etc.. cun custo de 9.371,00 euros e incluso da instalación das mosquiteiras nas fiestras (cun custo de 736 euros) e, por suposto, os elementos de seguridade (extintor e sinalización de emerxencias).

Este investimento permite, polo tanto, contar co espazo habilitado e grazas ao traballo da ANPA do centro foi posible poñer o servizo a funcionar antes de que rematara o curso. Dende o Concello do Grove agradecemos o traballo en colaboración que ten permitido solucionar esta importante demanda para o noso pobo.