Noticias

Comeza a promoción da Festa do Marisco con outro grande cartel musical para os "Concertos do Marisco"

Esta mañá presentouse oficialmente


14 xuño 2019
O Grove
Concertos do Marisco

Na maña de hoxe o Alcalde e a Concelleira de Turismo e Cultura en funcións fixeron público o cartel dos Concertos do Marisco 2019. Trátase dun festival de música consolidado e que se posiciona entre os máis importante do panorama galego coa peculiaridade de ser un Festival Gratuíto e conseguir, ademais, diversificar o público que cada ano acode á Festa do Marisco.

Na liña marcada hai catro anos, os Concertos do Marisco contribúen a conseguir que a Festa do Marisco resulte de interese para un público máis novo ao tempo que dinamiza o festival gastronómico máis importante de España convertido o mesmo nun referente cultural e musical. Con esta presentación e coa presentación internacional de Amsterdan nas vindeiras semanas ponse en marcha toda unha maquinaria de promoción para manter o bo nivel que a Festa do Marisco ten demostrado estes anos.

Dosier dos grupos (pdf)