Noticias

Consumo de racións


08 outubro 2019
O Grove
Racións

As racións seguen a manterse nos números dos anos anteriores. Na xornada de onte luns, acadouse a cifra de 7285 racións consumidas. O relevo de produto máis vendido colleuno o polbo con 414 racións, seguido dos mexillóns con 392 racións, do arroz de marisco con 329, das empanadas con 324, das navallas con 270 ou as vieiras con 265. É de destacar que produtos con menos demanda como o percebe, a nécora ou o camarón están a repuntar este ano e como o ano anterior, xa se ten acabado o cangrexo real.

Presentación do cartel da próxima Festa do Marisco.

Ás 13:30 h tivo lugar a presentación do cartel que anunciará a próxima Festa do Marisco, nesta ocasión despregouse a lona co cartel da Cociña da Festa, na carpa degustación do mercado.

Concertos na Festa do Marisco

Esta noite actuará A Banda do Sequío, grupo local con varios anos de traxectoria e un público fiel ás súas intervencións na festa.