Noticias

Dulce Pontes subirá esta noite ao escenario dos Concertos do Marisco


10 outubro 2019
O Grove
Festa do Marisco

No día de onte o consumo de polbo con 484 racións e de mexillóns (443) xunto co arroz de marisco (442) foron os máis demandados. Seguen as empanadas (401), as zamburiñas e volandeiras (371), as navallas (291), as vieiras (270) e as amexias (248). Seguen a subir os pedidos de percebes (178), ostras (172) e camarón (155)

Xornadas gastronómicas A Cociña do Mar.

Durante todo o día están a ter lugar, na carpa institucional, as Xornadas Gastronómicas A Cociña do Mar. Abertas ao público ata completar aforo. Organizadas pola asociación de comerciantes Emgrobes, estas xornadas xa están consolidadas dentro dos actos da Festa do Marisco.

Concertos na Festa do Marisco.

Comeza a fin de semana nos Concertos da Festa coa actuación de Dulce Pontes, que segue a liderar a música do país veciño, o seu estilo combina o fado tradicional con músicas máis contemporáneas.