Noticias

Inicianse os traballos de desbroce en San Vicente

A Deputación de Pontevedra desprazou esta semana equipos e persoal para proceder a limpeza das estradas da súa titularidade


21 maio 2020
O Grove
Desbroce de San Vicente

Logo de que se retamora a actividade na vía pública, a Deputación de Pontevedra  puxo en marcha o plan de traballo para o mantemento de estradas da súa titularidade na provincia e foi hoxe cando comezou a actividade no Grove. En concreto a Deputación traladou unha unidade de desbroce e dous operarios que comezaron as tarezas de desbroce da estrada entre O Grove e San Vicente, onde estarán traballando durante os vindeiros días.

Este traballos considéranse fundamentais na posta a punto da localidade, tan necesaria logo do parón producido durante a corentena, polo que o apoio da Deputación a este respecto resulta fundamental e contribúe aos esforzos que está poñendo en marcha o concello.