Noticias

Invisibles" chega ao Grove nun pase dobre para concienciar sobre o maltrato

A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá a representación desta obra o venres 22 e o sábado 23 de febreiro ás 21.30 horas.


08 febreiro 2019
O Grove
Concello de O Grove

O Concello do Grove acollerá a representación de "Invisibles" baseada na obra homónima de Montse Fajardo nas vindeiras semanas. A alta expectación creada por esta importante iniciativa de concienciación contra as violencias machistas ten feito necesario contar con dous pases, o venres 22 e o sábado 23 de febreiro ás 21.30 horas. A entrada é de balde pero é preciso recoller a invitación previamente na Casa da Cultura en horario de 9.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas ou no Centro de Información á Muller (CIM) en horario de 9.00 a 14.00 horas a partir do próximo luns, 11 de febreiro.

A obra "Invisibles" está protagonizada por Sheyla Fariña, Mela Casal e Nieves Rodríguez, que poñen voz a tres historias de sete mulleres recollidas na obra escrita. Trátase de historias reais de distintos tipos de violencia de xénero que foron adaptatadas ao formato teatral baixo a dirección de Marián Bañobre. A obra corre ao cargo da Compañía Redrum Teatro e o Centro Dramático Galego e contou coa colaboración do Concello de Pontevedra, chegando agora ao Grove tras ter un notable éxito noutras localidades.

Dende o Concello do Grove considérase que esta actividade pode ter un impacto muy positiivo na concienciación social sobre esta grave problemática ao eliminar, precisamente, a invisibildiade deste grave problema fronte a toda a sociedade.