Noticias

O BOP publica o anuncio a para a contratación de dúas prazas de axentes para a oficina de turismo do Concello do Grove

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles


18 xuño 2020
O Grove
Concello do Grove

Tal e como se ten anunciado, o Concello do Grove puxo en marcha, tras a paralización provocada pola pandemia, os procesos de contratación de persoal preciso para lles facer fronte aos servizos habituais e excepcionais da localidade. Entre os máis urxentes atópanse os axentes da oficina de turismo, que xa deberían estar traballando hai dous meses. O Concello adaptou as bases e aprobounas con urxencia en canto lle foi posible, quedando xa publicadas no BOP cun prazo curto, de tan só 5 días hábiles, polo que é importante informar a todas as persoas interesadas para que poidan concorrer aos dous postos que se ofertan ata decembro deste ano.

Como vén sendo habitual, as bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da Sede electrónica do Concello ou na páxina web municipal, e nelas indícase que para participar deberá contarse con algún dos títulos correspondentes: técnico/a superior de Información e Comercialización Turística; técnico/a Superior en Guía, Información e Asistencia Turística; grao ou diplomado/a en Turismo ou equivalente homologado ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información a Visitante. As funcións que cumprirán serán as de atención ás persoas que visiten a oficina de turismo, a apertura e peche das instalacións, elaborar enquisas e recoller datos, ofrecer explicacións sobre os recursos turísticos de Galicia, nomeadamente os da provincia e do municipio, o mantemento de contidos das redes sociais municipais de turismo e seguimento do programa SICTED da oficina de turismo. Trátase, sen dúbida, de postos de grande importancia para a imaxe turística da localidade.

Enlaces da información:

https://boppo.depo.gal/bop-v2-portlet/download?id=idd_6A4E7E44-DA3D-4CA5-9603-B9F9DF7BE5E3&fileName=an.bop.PONTEVEDRA.20200618.2020026475.pdf

http://www.concellodogrove.es/ckfinder/userfiles/files/Informacion/Seleccion%20de%20persoal/Bases%20de%20convocatoria%20seleccin%20para%20contrato%20temporal%202%20axentes%20Turismo.pdf