Noticias

O colectivo "Mulleres crupieres do casino da Toxa" e a doutora Mª Luisa Lores Aguín, premios Meca da Igualdade

O vigués Álvaro Rodríguez Pérez gañador do VIII Concurso de Fotografía "A Muller Traballadora"


01 marzo 2019
O Grove
Primer premio

O xoves 28 de febreiro viviuse unha xornada de intensa actividade en prol da igualdade no Concello do Grove. Por unha banda reuniuse o Consello Local de Igualdade para decidir os Premios Meca 2019 e, por outra banda, tamén houbo unha xuntanza do xurado do VIII  Concurso de Fotografía "A Muller Traballadora"

Premios Meca 2019

O consello Local de igualdade xuntouse  o xoves 28 de febreiro para decidir os premios Meca do ano 2019 que  foron para a Doutora Mª Luisa Lores Aguín  na categoría de  Individual e para as "Mulleres crupieres do Casino da Toxa" na Categoría de colectivo.

VIII Concurso de Fotografía A Muller Traballadora

Unha hora e media antes, ás 18:30 horas, reuníase tamén o xurado encargado de seleccionar as fotos gañadoras do Concurso de Fotografía "A Muller Traballadora", integrado por compoñentes do Consello Local de Igualdade e Profesionais do Mundo da Fotografía:

  • María Luisa Domínguez Filgueira
  • Sara Abeijón
  • Ana Gondar
  • Dunia Álvarez
  • Nuria Atanes

Nesta nova edición alcanzouse un enorme éxito, xa que se presentaron 165 traballos procedentes de diferentes lugares de toda a xeografía española e incluso do veciño Portugal. O xurado realizou unha primeira preselección de 40 fotografías que se imprimiron e forman parte dunha exposición na Sala das Cunchas da Casa do Concello

De esa preselección saíron as fotografías gañadoras:

1º Premio "Temos que arranxar isto" do vigués Álvaro Rodríguez Pérez

2º Premio "Entre telas" do Jonathan Tajes Olfos de Valladolid

3º Premio "Enfermería" do madrileño Javier Arcenillas

Así mesmo o Premio para Impulso e Promoción da Muller recaiú na fotografía "Nueva alcaldesa" do alicantino Vicente Guill Fuster

Todos os premios serán entregados o domingo 10 de marzo, ás 19:00 h,  durante a celebración da Gala dos Premios Meca.

Fotos