Noticias

O Concello continúa coas melloras en espazos públicos

Estes días pintouse a zona do Skatepark.


12 agosto 2020
O Grove
O Grove

O Concello do Grove continúa cun plan de traballo que permita mellorar pouco a pouco os espazos públicos. Así, ademais do pintado de diversas rúas, estes días estase pintando o skatepark da praza do Corgo. Trátase das liñas de división dos carrís, así como das frechas de dirección de uso, para evitar posibles colisións e facilitar o uso deste equipamento con distancia social e con menor risco.

O Concello tamén completou o pintado das rúas peonís, cunha sinalización de gran tamaño nas súas entrada e saídas para evitar confusións, informar adecuadamente e evitar asemade o acceso de vehículos a estas vías urbanas. A estes traballos sumáronse os da colocación de pezas escultóricas en diversas zonas da localidade e o parcheo dalgúns asfaltados.