Noticias

O Concello do Grove acolle a exposición de Artegrove "O mar na vida, a vida no mar"

No marco das actividades desenvolvidas previas á Festa do Marisco inaugurouse a exposición nas salas da Casa do Concello


17 setembro 2019
O Grove
Artegrove

Dende o colectivo de artistas locais ARTEGROVE levouse a cabo a posta en marcha da exposición "O mar na vida, a vida no mar". Será visitable ata o 13 de outubro na planta baixa da Casa do Concello. As obras mostran a forma de ver o mar dende distintas técnicas de debuxo e pintura.

Artegrove forma parte da relación de asociacións culturais do municipio dende hai décadas e entre os seus integrantes están os autores e autoras dos lenzos que podemos admirar nas Salas das Cunchas e das Dornas.

A montaxe e desmontaxe correu a cargo do colectivo que se achegou para inaugurar a exposición o martes ás 20 h.