Noticias

O Concello do Grove acolle mañá un ciclo de curtas sobre a violencia de xénero

Dentro das actividades vinculadas ao 25 de maio a proxección realizarase mañá, martes, na sala das Cunchas do Concello


04 decembro 2017
O Grove
Curtas

A Sala das Cunchas do Concello do Grove acollerá mañá a partires das 20.30 horas un ciclo de curtas en torno á temática da violencia de xénero. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do amplo programa desenvolto polo Concello para concienciar e reivindicar a erradicación deste tipo de violencia. Estas curtametraxes, algunha delas recoñecidas con diversos premio, preténdese concienciar sobre os distintos tipos de malos tratos, físicos, psicolóxicos ou emocionais así como sobre os estereotipos que rodean á muller e que, con frecuencia, contribúen a perpetuar a súa discriminación ou a violencia exercida sobre ela.

Nas curtametraxes seleccionadas abordaranse distintos tipos de violencia exercidos sobre a muller polo feito de selo e que van dende o acoso laboral ata os malos tratos propiamente físicos e emocional, pasando polos modelos de vida e estereotipos que habitualmente se atribúen exclusivamente ás mulleres ou fenómenos como a trata de brancas, entre outros temas. 

Fotos