Noticias

O Concello do Grove adxudica bancadas e postos no mercado municipal

Seguen dispoñibles seis bancadas que volverán a ser sacadas a concurso o antes posible.


06 agosto 2020
A Guarda

Logo do parón dos pasados meses, o Concello retomou os procesos de adxudicación das bancadas e postos do mercado municipal, mantendo así o compromiso de anos anteriores de tentar dinamizar os procesos para poñerlles facilidades ás persoas interesadas en explotalos. Así pois, onte reuniuse a mesa de contratación, á que se presentaron dezaseis solicitudes que concorrían por doce postos (tres fixos e nove bancadas). Tras a apertura de ofertas, foron concedidos os tres postos fixos: o 24, 28 e o 22-23 (que están unidos) e as bancadas do peixe números 7, 8 e 10. Porén, quedaron desertas as bancadas 1, 5, 9, 14, 15 e 20, ao non se presentar ofertas para elas.

O Concello do Grove volverá a sacar a concurso as seis bancadas dispoñibles, incidindo na oportunidade de negocio do mercado municipal, onde o custo de alugueiro e mantemento resulta moi baixo, ao tempo que se traballa en medidas de dinamización do espazo que supoñen un atractivo comercial para a localidade.