Noticias

O Concello do Grove amosa a súa preocupación pola falta de coidado nos espazos públicos da localidade

Nos últimos días tense detectado un incremento do depósito de residuos en parques e pistas


11 setembro 2020
O Grove
O Grove incidencias

O servizo de limpeza do Concello do Grove ten atopado nos pasados días moitos casos de suciedade acumulada nos parques e pistas deportivas da localidade. Trátase de lixo deixado polos usuarios e que supón un problema de suciedade que non pode ser tolerado e que resulta especialmente grave no momento actual. O Concello do Grove lembra que as ordenanzas actuais recollen penalizacións para estes comportamentos e insta aos veciños e veciñas a que colaboren en evitar que se produzan as mesmas.

O descoido dos espazos públicos supón un prexuizo para todos e todas e implica o deterioro dos materiais e perda de recursos polo que debemos estar implicados na limpeza, coidado e mantemento dos lugares nos que se produce a convivencia de persoas de todas as idades.