Noticias

O Concello do Grove celebra a Festa dos Maios 2019


15 abril 2019
O Grove
Maios O Grove

O Concello  do Grove vai celebrar o concurso da Festa dos Maios 2019 cuxas bases serán aprobadas na próxima Xunta de Goberno Local

O concurso terá lugar o mércores 1 de maio na Praza do Corgo e nel poderán participar todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e persoas que así o desexen.

Todos os que queiran participar, poden realizar a súa inscrición o mesmo día 1 na praza do Corgo, entre as 10.30 e as 11.30 h, podendo concursar en tres modalidades distintas: Maios Tradicionais, Maios Artísticos ou Coplas e Interpretación.

Cada participante recibirá 30 euros por participar e, así mesmo,  estableceranse tres premios en cada una das categorías:  un primeiro premio de 150,00 un segundo de 100,00 e un terceiro de 50,00 euros nas categorías de Maios tradicionais e Maios Artísticos. Na categoría de Coplas e interpretacións os premios serán 80,00 50,00 e 30,00 euros.

Así mesmo, o Concello do Grove instalará xogos populares e a velada estará a amenizada polos "Sons da Rúa" da Asociación Paradanda-Mecos.